O luns 16 de novembro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada “A saúde do solo (un novo paradigma)”, que estará impartida por Dª. María Teresa Barral, Profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
María Teresa Barral Silva é Licenciada en Bioloxía e Farmacia e Doutora en Bioloxía pola USC. É titular de diversos Proxectos de Investigación así como Directora de traballos investigadores. Foi a primeira Presidenta da Delegación en Galicia da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo e traballou na xestión e divulgación do Medio Ambiente.
comment closed