Arrow
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Luns, 22 de febreiro: Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
  • Radio Ateneo Podcast
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Cultura na casa
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • Luns, 22 de febreiro: Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
    • Días 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro: «Historia de las abejas» de Maja Lunde
Días 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro: «Historia de las abejas» de Maja Lunde
15 Ene, 2021 | 10:18 AM | Club de lectura, Eventos

Os martes, 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro, ás 17,45h terán lugar sendas sesións telemáticas do Club de Lectura a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra Historia de las abejas de Maja Lunde.

Historia de las abejas é a novela revelación da literatura noruega. Unha historia épica na que se reflexiona sobre o ser humano e a súa relación coa natureza ao longo do tempo. A primeira historia, que se desenvolve en 1852, trata de como William, un naturalista, loita por desenvolver unha colmena que lle levará á fama e o respecto. A segunda historia, situada no ano 2007 conta como George, apicultor intenta que o seu fillo universitario continúe co negocio familiar. Finalmente, a última das historias, situada en 2098 na China, narra como Tao se dedica á polinización manual debido a que as abellas desapareceron.

Maja Lunde é unha escritora e guionista noruega, actualmente unha das máis relevantes do panaroma literario do seu país. Escribiu once libros infantís e xuvenís que se converteron en grandes éxitos de vendas, así como dúas novelas. «Historia de las abejas» é a súa primeira novela para adultos, foi publicada en 2015 e a día de hoxe atópase dispoñible en 35 países. Dita novela recibiu diversos premios, entre eles o premio dos libros noruegos, e foi o libro máis vendido en Alemaña en todos os xéneros. Tras esta, publicou «Azul», a segunda novela da súa «tetraloxía do clima», vendida en 20 países.

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Cultura na casa

    • Afundación
    • Compostela Xeoliteraria
    • Consello da Cultura Galega
    • Exposicións
    • Fundación Catedral de Santiago
    • Mapa literario de Compostela
    • Museo do Pobo Galego
    • Museos de Galicia
    • Museos españois e do resto do mundo
    • Visita virtual á Biblioteca de Galicia

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Ateneo Atlántico de Vigo
    • Ateneo de Moaña
    • Ateneo de Ourense
    • Ateneo de Pontevedra
    • Ateneo Ferrolán
    • Ateneo Santa Cecilia de Marín
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • Compostela Cultura
    • Coro Asubío
    • NUMAX

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • El Compostelano
    • Paseando por Lugo
    • Paseante silencioso
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.