Arrow
  • Imaxes da visita guiada á exposición «Galicia, de Nós a nós»
  • Días 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro: «Historia de las abejas» de Maja Lunde
  • Días 12, 14 e 15 de xaneiro: Visitas guiadas á exposición «Antón Patiño. Caosmos»
  • Un camiño de éxito ata as vacinas da covid
  • Luns, 25 de xaneiro: Conferencia «Comportamento social en tempos de crise e pandemia» de José Manuel Sabucedo
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Cultura na casa
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • Días 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro: «Historia de las abejas» de Maja Lunde
    • Días 12, 14 e 15 de xaneiro: Visitas guiadas á exposición «Antón Patiño. Caosmos»
    • Luns, 25 de xaneiro: Conferencia «Comportamento social en tempos de crise e pandemia» de José Manuel Sabucedo
    • Sábado, 16 de xaneiro: Visita guiada á exposición «As miradas de Isaac» do Museo Centro Gaiás
    • Luns, 8 de febreiro: Conferencia «A situación sanitaria na pandemia e perspectivas de futuro» de Beatriz González López-Valcárcel
Luns, 8 de febreiro: Conferencia «A situación sanitaria na pandemia e perspectivas de futuro» de Beatriz González López-Valcárcel
10 Ene, 2021 | 06:47 PM | Eventos, Os Luns do Ateneo

O luns, 8 de febreiro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia titulada «A situación sanitaria na pandemia e perspectivas de futuro», que estará impartida por Beatriz González López-Valcárcel, Catedrática de Economía Aplicada da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria e experta en Economía da Saúde e Políticas Públicas.

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.com e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago 
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.

Beatriz González López-Valcárcel, Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna, é profesora da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Foi presidenta da Asociación Española de Economía da Saúde entre 2004 e 2005 e da Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública (EUPHA) entre 2011 e 2012. Tamén foi membro do Consello Asesor de Sanidade do Ministerio de Economía de España, representante de Canarias no Comité Consultivo do Sistema Nacional de Saúde e Presidenta da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria entre 2015 e 2017. En 2011 recibiu a Cruz da Orde Civil de Sanidade e foi nomeada filla adoptiva das Palmas de Gran Canaria en 2009 e da Illa de Gran Canaria en 2016. En 2017 o portal MujeresCia elixiuna entre as 100 mulleres líderes en España e é profesora Honoris Causa pola Universidade Isalud de Bos Aires. Actualmente forma parte do comité de expertos sobre COVID-19 do Ministerio de Ciencia e Innovación e do comité asesor do Goberno canario.

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Cultura na casa

    • Afundación
    • Compostela Xeoliteraria
    • Consello da Cultura Galega
    • Exposicións
    • Fundación Catedral de Santiago
    • Mapa literario de Compostela
    • Museo do Pobo Galego
    • Museos de Galicia
    • Museos españois e do resto do mundo
    • Visita virtual á Biblioteca de Galicia

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Ateneo Atlántico de Vigo
    • Ateneo de Moaña
    • Ateneo de Ourense
    • Ateneo de Pontevedra
    • Ateneo Ferrolán
    • Ateneo Santa Cecilia de Marín
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • Compostela Cultura
    • Coro Asubío
    • NUMAX

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • El Compostelano
    • Paseando por Lugo
    • Paseante silencioso
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.