Arrow
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • EN DIRECTO Conferencia «Comportamento social en tempos de crise e pandemia» de José Manuel Sabucedo
  • Imaxes da visita guiada á exposición «Galicia, de Nós a nós»
  • Días 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro: «Historia de las abejas» de Maja Lunde
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Cultura na casa
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • Exposición "Galicia, de Nós a nós" no Gaiás
    • Exposición “Concepción Arenal. A conciencia da razón”
    • Mércores, 25 de novembro: Maratón de lectura da Fundación Granell
    • Sábado, 10 de outubro: Presentación do libro "Federico García Lorca en Santiago de Compostela"
    • Isaac Díaz Pardo, el intelectual que diseñó y recuperó la memoria histórica en Galicia
Ata o domingo 17 de maio: FOTOS CONTRA LA COVID, para reunir fondos en favor de MSF
15 May, 2020 | 01:27 PM | Colaboracións

Nestes momentos tan difíciles, a organización internacional de acción médico-humanitaria Médicos sen Fronteiras está apoiando o sistema de saúde en España e nos países máis desfavorecidos de África, Asia, Oriente Medio e América Latina.

A campaña «Fotos contra la COVID», creada en apoio ao seu labor, permite adquirir, a través da páxina web www.fotoscontralacovid.com, a obra orixinal dalgúns dos mellores fotógrafos de España e América Latina, así como doutros países. O diñeiro recaudado da venda das fotografías irá á ONG RUIDO Photo, entidade dedicada á imaxe documental e á sensibilización en dereitos humanos. Esta encargarase de transferir os fondos (menos os custos de produción, que serán de máximo 15€ por copia) a Médicos sen Fronteiras.

Esta campaña está a piques de concluír o seu percorrido este domingo 17 de maio e para potenciar a súa capacidade de captar fondos durante estes últimos días de campaña realizáronse unha serie de vídeos en colaboración coas persoas que participaron, tanto profesionais da fotografía como curadores. Os vídeos, cunha duración dun minuto aproximadamente, relatan as historias de vida, o contexto político ou as motivacións personais que se atopan detrás dalgunhas das imaxes presentes na campaña. Entre elas está a fotografía dun instante poético captado por Ricard Terré en Galicia en 1962, cedida para colaborar na campaña.

Na páxina web pódense ver esta e outras fotografías á venta de fotógrafos e fotógrafas interesantísimos. Colabora coa compra dunha fotografía ou contribúe á difusión da campaña.

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Cultura na casa

    • Afundación
    • Compostela Xeoliteraria
    • Consello da Cultura Galega
    • Exposicións
    • Fundación Catedral de Santiago
    • Mapa literario de Compostela
    • Museo do Pobo Galego
    • Museos de Galicia
    • Museos españois e do resto do mundo
    • Visita virtual á Biblioteca de Galicia

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Ateneo Atlántico de Vigo
    • Ateneo de Moaña
    • Ateneo de Ourense
    • Ateneo de Pontevedra
    • Ateneo Ferrolán
    • Ateneo Santa Cecilia de Marín
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • Compostela Cultura
    • Coro Asubío
    • NUMAX

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • El Compostelano
    • Paseando por Lugo
    • Paseante silencioso
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.