Arrow
  • 24 horas de Compostela: Presentación del nuevo libro de Ramón Villares en el Ateneo
  • Imaxes da conferencia de Francisco Prado-Vilar
  • Mércores, 4 de decembro: clase de meditación
  • A USC e Ateneo comprométense a levar a cabo a promoción conxunta do Xardín Botánico
  • Martes, 17 de decembro: «El declive» de Osamu Dazai
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • Mércores, 4 de decembro: clase de meditación
    • Martes, 17 de decembro: «El declive» de Osamu Dazai
    • Luns, 9 de decembro: Conferencia "Falsos mitos en alimentación. A Dieta Atlántica, un seguro de saúde", de Rosaura Leis
    • Luns, 16 de decembro: Conferencia "Mosteiros e vida monástica na Compostela medieval"
Martes, 19 de novembro, e 3 de decembro: «En el tiempo de las mariposas» de Julia Álvarez
22 Nov, 2019 | 06:39 PM | Club de lectura, Eventos

Os martes, 19 de novembro e 3 de decembro, ás 17.30h na biblioteca do Ateneo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) terá lugar dúas sesións do Club de lectura do bloque “Narra a túa propia aldea coma se fose universal”, nas que se comentará a obra En el tiempo de las mariposas de Julia Álvarez.

En el tiempo de la mariposas narra a loita das irmás Mirabal contra a  ditadura do xeneral Trujillo na República Dominicana. A obra retrata as represalias sufridas pola familia a mans do Servizo de Intelixencia Militar, que levou á morte a tres das catro irmás. A novela representa a perspectiva destas, destacando a Dedé, a única que sobreviviu.

A novela de Julia Álvarez recibiu varias adaptacións para cinema e teatro. O director Mariano Barroso levouna á gran pantalla da man de actores como Salma Hayek, Edward James Olmos ou Marc Anthony. En 2018 en Washington D.C. adaptouse a obra para o teatro dirixida por José Zayas, gañando catro títulos nos BroadwayWorld Washington DC Awards 2018.

A autora da novela, Julia Álvarez (Nova Iork, 1950), malia nacer nos Estados Unidos, criouse na República Domicana e regresa ao seu país natal con 10 anos, onde se licenciou en Filoloxía con matrícula de honra. Actualmente, compaxina a poesía, na que se estreou con Homecoming, coa narrativa, con outras novelas como Cuando tía Lola vino (de visita) a quedarse ou Antes de ser libres.

Lembramos que esta actividade ten un prezo de 15€/trimestre, a aboar en outubro, xaneiro e abril (todas as achegas realizadas ás entidades sen ánimo de lucro declaradas de utilidade pública teñen deducións na declaración do IRPF). A día de hoxe as prazas ofertadas atópanse cubertas polo que aqueles que queiran participar poderán inscribirse nunha listaxe de agarda no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com.

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Afundación
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • CGAC
    • Compostela Cultura
    • Compostela Transparente
    • Coro Asubío
    • Médicos Sen Fronteiras
    • NUMAX
    • Pousadas de Compostela

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • E digo eu…
    • El Compostelano
    • Entretempos
    • Los viajes de Rodolfo
    • Paseante silencioso 2
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia

    O Ateneo en Twitter

    Chíos sobre @AteneoSantiago

    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.