Arrow
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Luns, 22 de febreiro: Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
  • Radio Ateneo Podcast
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Cultura na casa
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • Luns, 22 de febreiro: Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
    • Días 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro: «Historia de las abejas» de Maja Lunde
Ata o 9 de novembro: Exposición «Ricard Terré. Fotografías»
28 Oct, 2019 | 10:20 AM | Eventos, Outras actividades

O pasado día 18 de setembro inaugurouse na Igrexa da Universidade a exposición «Ricard Terré. Fotografías», organizada pola USC coa colaboración do Ateneo de Santiago. A mostra permanecerá aberta ata o 9 de novembro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas. No acto participaron Mar Lorenzo, Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos; Laura Terré, filla do fotógrafo; Antón Porteiro, membro da directiva do Ateneo de Santiago; e Mercedes Rosón, Concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago.

Ricard Terré está considerado como un dos fotógrafos máis destacados da súa xeración. A súa fotografía, dunha gran coherencia temática e formal, ten un carácter subxectivo que a fai identificable, aínda tendo en conta a diversidade de series que foi producindo ao longo da súa carreira. O seu traballo está presente nos principais tratados de historia da fotografía e nas coleccións máis importantes. Un ano antes da súa morte, que acontece en Vigo en 2009, recibe o Premio Bartolomé Ros á mellor traxectoria fotográfica, outorgado polo festival de fotografía PhotoEspaña.

Esta é a primeira mostra individual de Ricard Terré en Santiago de Compostela. O lugar elixido é o mellor ambiente para deixarse levar polas inquietudes que motivaron ao fotógrafo. A  selección reúne, xunto ás pezas máis representativas da súa traxectoria, outras imaxes menos coñecidas feitas en Galicia e, concretamente, en Santiago de Compostela. Os elementos barrocos do espazo no que están emprazadas serven de apoio para a contemplación das fotografías, resoando na paixón que expresan as miradas e o simbolismo dos suxeitos fotografados. Así, instaladas no frontal do retablo, en diálogo coa iconografía, destaca un conxunto pertencente á serie Imaxes Abandonadas, retratos da imaxinería obsoleta captada nas sacristías da diócese de Tui. Na igrexa, como encrucillada das naves, encóntranse eses tres camiños que se internan en épocas distintas e atravesan series e territorios diversos: a infancia, o trasgo que anima o cotián e as metáforas da morte. A obra de Terré revela un coñecemento profundo da vida, sempre interpretado en clave de humor.

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Cultura na casa

    • Afundación
    • Compostela Xeoliteraria
    • Consello da Cultura Galega
    • Exposicións
    • Fundación Catedral de Santiago
    • Mapa literario de Compostela
    • Museo do Pobo Galego
    • Museos de Galicia
    • Museos españois e do resto do mundo
    • Visita virtual á Biblioteca de Galicia

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Ateneo Atlántico de Vigo
    • Ateneo de Moaña
    • Ateneo de Ourense
    • Ateneo de Pontevedra
    • Ateneo Ferrolán
    • Ateneo Santa Cecilia de Marín
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • Compostela Cultura
    • Coro Asubío
    • NUMAX

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • El Compostelano
    • Paseando por Lugo
    • Paseante silencioso
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.