Arrow
  • Comezan as obras para un ascensor no edificio do Ateneo
  • Martes, 17 de decembro: Convocatoria de Asemblea
  • "Se pueden evitar dolencias en niños cuidando la dieta desde la gestación"
  • Rosaura Leis defiende la dieta atlántica como «seguro de salud»
  • Saludable dieta atlántica
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • Mércores, 18 de decembro: clase de meditación
    • Martes, 17 de decembro: «El declive» de Osamu Dazai
    • Luns, 16 de decembro: Conferencia "Mosteiros e vida monástica na Compostela medieval"
Sábado, 15 de xuño: Visita á Illa de Ons e Península do Morrazo
12 Jun, 2019 | 03:44 PM | Eventos, Visitas guiadas

O sábado, 15 de xuño, o Ateneo de Santiago organiza unha visita á Illa de Ons e Península do Morrazo, co seguinte programa:

9.00h. Saída da rúa da Rosa de Santiago de Compostela.

10.30h. Chegada a Bueu – café

11.00h. Saída para a travesía en barco cara a Illa de Ons. Duración: 35 minutos.

Visita guiada pola Illa de Ons. Opcións dispoñibles (os asistentes á visita poden decidirse por tres opcións):

A opción 1 farase antes da comida, acompañados da guía.
A opción 2 será despois de comer, acompañados da guía.
A opción 3 non levará o apoio da guía; trátase dunha suxestión para as persoas que non desexen facer ningunha das rutas previstas, e queiran facer a visita libremente.

Antes do inicio das rutas, solicitarase ao grupo, as persoas que van realizar cada opción.

11.30h. Opción 1: Ruta do Inferno – Ruta do Sur, percorrido moi completo pola zona sur da Illa. Sáese da caseta de información de O Curro e camíñase ata a praia Area dos Cans. Visita á Laxe dos Cregos, veremos un sarcófago antropomorfo medieval, envolto en múltiples lendas, polo sendeiro Canexol entre a casa reitoral e a praia, cerca do Castelo dos Mouros, castro en escavar, séguese ata a praia de Pereiró e as instalacións do campamento a Xunta. Séguese ao miradoiro de Fedorentos para ver a panorámica da Illa de Onza, as Illas Cíes, a Costa da Vela e a ría de Aldán. Parada no Buraco do Inferno,  curiosa formación xeolóxica construído polo océano onde veremos a zona de aniñadoiro de aves, especialmente os cormoráns moñudo, e un observatorio ornitolóxico. Bordearanse os acantilados verticais da costa occidental ata a enseada de Caniveliñas e regreso ao punto de saída. Ruta circular. Dificultade media. Distancia 6,2 Km. Duración percorrido 2.30 horas.

14.00h. Comida en Casa Acuña. Menú: Empanada. Mexilóns. Caldeirada de Polbo. Sobremesas variadas. Bebidas (viño, auga, refrescos) e café.

15.30h. Opción 2: Ruta do faro –Iníciase na rúa principal O Curro (caseta de información). Ao chegar ao cruce, continúa pola pista asfaltada, entre casas mariñeiras e hórreos, e ascende ao barrio de Cucorno. Dende aquí vese o Faro de Ons construído en 1926 e dos poucos en España que segue atendido por un fareiro. Antes de chegar ao faro, e dende o heliporto contemplaranse as vistas. Logo verase a parte oeste da illa, e bordearanse os acantilados da enseada de Caniveliñas. Dende a fonte que está na parte máis estreita, regresamos ao punto de partida. Ruta circular. Dificultade baixa. Distancia 4 Km. Duración percorrido 1.30 horas.

Opción 3 (libre): Ruta do Castelo – É un paseo suave nun percorrido curto e moi transitado. Iníciase na área de descanso próxima á praia das Dornas, aludindo ás embarcacións tradicionais de pesca que empregaban os da illa. Dende aquí, por un camiño bordeando a costa oriental, pasando por un pequeno bosque de salgueiros, ata o miradoiro do Castelo, antiga batería de costa, sen rematar, para ver unha fermosa vista da ría de Pontevedra, e uns metros máis abaixo, ao nivel do mar, hai unha curiosa furna. Ruta circular. Dificultade media. Distancia 1,1 Km. Duración percorrido 40 minutos.

17.30h. Regreso no barco, da Illa de Ons a Bueu.

18.30h. Visita ao Museo Massó (Bueu). Pequeno e sorprendente museo nas instalacións dunha antiga conserveira, no edificio máis antigo da fábrica de salgadura e da conserveira Massó Hermanos, en pleno corazón da península do Morrazo.

Museo Massó

19.00h. Iníciase o percorrido pola Península do Morrazo:

Cabo Udra: parada para ver a panorámica dende o Cabo, que separa a ría de Aldán e a de Pontevedra.
Hío: parada no famoso cruceiro, preto da igrexa románica de San Andrés e a magnífica casa reitoral.
Cabo Home: para ver os abruptos acantilados da Costa de Soavela.
Cangas: finalizamos a visita, cun café, na localidade de Cangas, capital histórica da comarca do Morrazo.

20.00h. Regreso a Santiago. Hora prevista de chegada 21.00 h aproximadamente.

O prezo final é de 50€ por persoa, incluíndo autobús, billete de barco, visita guiada pola Illa e comida, cun suplemento de 15€ para os non socios do Ateneo. As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com ata o venres, 31 de maio, indicando nome, apelidos e DNI e admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. O número de prazas dispoñibles é de 30 e serán adxudicadas por orde de solicitude con preferencia para os socios do Ateneo.

Confidencialidade de datos persoais: ponse en coñecemento das persoas inscritas á visita que, ao ter que contar cun seguro especial na travesía do barco, seranlles facilitados aos responsables da navieira os nomes, apelidos e DNI de cada un dos participantes.

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Afundación
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • CGAC
    • Compostela Cultura
    • Compostela Transparente
    • Coro Asubío
    • Médicos Sen Fronteiras
    • NUMAX
    • Pousadas de Compostela

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • E digo eu…
    • El Compostelano
    • Entretempos
    • Los viajes de Rodolfo
    • Paseante silencioso 2
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia

    O Ateneo en Twitter

    Chíos sobre @AteneoSantiago

    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.