Arrow
  • Comezan as obras para un ascensor no edificio do Ateneo
  • Martes, 17 de decembro: Convocatoria de Asemblea
  • "Se pueden evitar dolencias en niños cuidando la dieta desde la gestación"
  • Rosaura Leis defiende la dieta atlántica como «seguro de salud»
  • Saludable dieta atlántica
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • Mércores, 18 de decembro: clase de meditación
    • Martes, 17 de decembro: «El declive» de Osamu Dazai
    • Luns, 16 de decembro: Conferencia "Mosteiros e vida monástica na Compostela medieval"
Sábado, 25 de maio: ROTEIRO POLO ROMÁNICO DO BAIXO MIÑO
23 May, 2019 | 09:46 AM | Eventos, Visitas guiadas

O sábado, 25 de maio, o Ateneo de Santiago organiza un roteiro polo románico da Comarca do Baixo Miño, guiado pola historiadora da arte Maricarmen Sánchez Carrera, co seguinte programa:

8.30h. SAÍDA DA RÚA DA ROSA DE SANTIAGO.

MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE ARMENTEIRA: Mosteiro cisterciense do século XII. Da fábrica orixinal só queda a magnífica igrexa. O mosteiro, propiamente dito, ten un claustro do século XVIII e na actualidade está ocupado por monxas, tamén do Císter, que atenden unha hospedería e elaboran xabóns e outros produtos.

Mosteiro de Armenteira

 

SAN BARTOLOMEU DE REBORDÁNS: Sobre ruínas romanas levantouse un templo prerrománico que se reformou no s. XI e XII. Cumpriu a función de Catedral de Tui durante un tempo. Conserva uns estupendos capiteis do primeiro románico.

SAN MIGUEL DE PEXEGUEIRO: É o que queda do mosteiro fundado no s. X polos condes Gonzalo e Teresa (os mesmos de Carboeiro e Camanzo). Refórmase no s. XII. Ten unha interesante portada e unha pía bautismal moi interesante.

SANTA MARÍA DE TEBRA: Foi igrexa da orde de Malta e conserva  moi bos capiteis e canecillos.

XANTAR no restaurante «Las Colinas» de Tebra. Menú:

  • Aperitivos:

Croquetas
Mini empanadillas caseiras
Calamares

  • Prato principal (a elixir): Pescada á romana ou Tenreira asada
  • Sobremesa
  • Café
  • Viños

SANTA MARÍA DE TOMIÑO: Consérvase moi ben e ten unha grande influencia da catedral de Tui e de Braga.

SANTA MARÍA DE OIA: Único mosteiro cisterciense situado a pé de mar para exercer un labor defensivo. Fundado no s. XII. O interior da igrexa responde ás características típicas do Císter. A fachada é do XVIII. O interior do mosteiro conserva zonas de distintas épocas que ata agora estiveron en moi mal estado de conservación.

Mosteiro de Oia

SANTA MARÍA DE BAIONA: A súa fachada á, practicamente, unha copia da que foi fachada do Mosteiro de Oia, polo que é dobremente interesante. Foi construída no s. XIII sobre outra anterior e é xa de transición ao gótico. (Ao estar en obras só a poderemos ver por fóra).

O prezo final é de 35€ por persoa, incluíndo autobús, comida e visitas, cun suplemento de 10€ para os non socios do Ateneo. As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com ata o luns, 20 de maio, indicando o prato principal elixido e admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. O número de prazas dispoñibles é de 28 e serán adxudicadas por orde de solicitude con preferencia para os socios do Ateneo.

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Afundación
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • CGAC
    • Compostela Cultura
    • Compostela Transparente
    • Coro Asubío
    • Médicos Sen Fronteiras
    • NUMAX
    • Pousadas de Compostela

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • E digo eu…
    • El Compostelano
    • Entretempos
    • Los viajes de Rodolfo
    • Paseante silencioso 2
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia

    O Ateneo en Twitter

    Chíos sobre @AteneoSantiago

    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.