CORO ASUBÍO
En virtude do convenio de colaboración entre o Ateneo de Santiago e o Coro Asubío “os socios do Ateneo de Santiago poderán formar parte da Coral Asubío en igualdade de condicións que os actuais compoñentes, sen que teñan que ser necesariamente socios da Asociación Cultural Asubío”.
Deste xeito, todos aqueles socios do Ateneo que desexen participar no Coro deberán solicitalo no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com, tendo en conta que actualmente a cota mensual é de 10€.
Os membros deste Coro ensaian no Salón de Actos «Isaac Díaz Pardo» do Ateneo todos os martes en horario de 20.00h a 22.00h.
CONSERVATORIO HISTÓRICO DE SANTIAGO
Da mesma maneira, o Conservatorio Histórico de Santiago, en virtude do convenio de colaboración asinado entre este e o Ateneo, imparte un curso de linguaxe musical. Estas clases, de 1 hora de duración, desenvólvense todos os mércores ás 10.30 horas ata o mes de xuño e teñen un custo de 25€/mes para os socios do Ateneo e de 30€/mes para os non socios.
Ademais, o Conservatorio tamén ofrece aos socios do Ateneo as seguintes clases de instrumentos musicais de 45 minutos de duración:
– Iniciación ao piano (total 4 alumnos): 37€/mes
– Iniciación ao chelo (total 3 alumnos): 42€mes
comment closed