Mércores, 13 de febreiro: Visita guiada ao Observatorio Astronómico de Santiago
O mércores, 13 de febreiro, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago organiza unha visita ao Observatorio Astronómico de Santiago, guiada polo seu Director José Ángel Docobo, quen previamente impartirá unha pequena charla.
O número de prazas dispoñibles é de 15 polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse previamente en ateneo@ateneodesantiago.com, tendo preferencia de admisión os socios do Ateneo.
comment closed