O Ateneo de Santiago organiza unha visita guiada por Santiago Llovo para coñecer os restos da industria da salgadura na ría de Muros-Noia e no Concello de Carnota denominada «A pegada dos cataláns» para o sábado 27 de outubro, co seguinte programa:
9.00H. SAÍDA DA RÚA DA ROSA DE SANTIAGO.
PORTOSÍN: Paseo polos lugares onde estaban as 8 grandes salgaduras de Portosín. Aquí tiveron establecementos as familias Batista, Ferrer, Moreu, Pla, Poch, Portals, Roig, Romaní, Roura ….
Lembranza das salgaduras das vilas de Noia e de Porto do Son, e dos lugares de Aguieira, a Gafa, praia da Ornanda, Punta Cabalo.
A SERRA DE OUTES: Paseo pola fronte marítima do Freixo. Aquí houvo 6 salgaduras das familias Aguirre, Batista, Co, Domenech, Jover, Lloréns, Roura…
CONCELLO DE MUROS: Paseo por Esteiro. Aquí houbo 12 grandes salgaduras e tiveron establecementos as familias Carreró, Casalíns, Font, Gallart, Gelpi, Legarda, Portals, Riva, Romaní, Rutllá, Villoch, Xampen …. Fábricas de conservas de Portals, Legarda e Calvo.
Visita aos restos da salgadura de Cabanas, parroquia de Tal. Almacén construído pola familia Roura, establecida inicialmente en Portosín.
Visita á salgadura da familia Romaní na parroquia de Serres, en Muros (Pendente de confirmar).
XANTAR NO RESTAURANTE DA SALGADURA DE ANIDO (Serres, Muros). Menú:
Croquetas dous gustos (de xamón ibérico e de luras na súa tinta) con patatas fritas
Mexilóns “Anido” (rebozados cun toque de picante) con ensalada da horta
Ameixas da ría de Muros en salsa «á nosa maneira»
Pescada do pincho á romana (especialidade) con guarnición de patatas
Sobremesa: Torta de orujo ou Flan de chocolate branco
Lembranza das salgaduras da vila de Muros. Pequenas salgaduras da beira mar. Establecementos das familias Cruz, Dubert, Ferrer, Font, Iglesias, Pérez, Portals, Romaní, Sel, Siaba, Roura, Vieta. Fábricas de conservas das familias Portals, Rodríguez, Romaní, Roura, Sel e Vieta.
Paseo ata o muiño de marea do Cachón na mesma parroquia de Serres (tamén antiga salgadura). Pendente de confirmar a visita ao interior do muíño que se atopa restaurado.
Visita á salgadura do Caldeirón, na parroquia de Santiago de Louro (pendente de confirmar).
Lembranza das 6 salgaduras da praia de San Francisco en Louro e das 2 do Ancoradoiro. Familias: Bermúdez, Dubert, Goday, Poch, Portals, Romaní, Roura, Rutllá, Vieta …
CONCELLO DE CARNOTA: Paseo por Lira. Aquí houbo 4 grandes salgaduras propiedade das familias Batista, Beiro, Domínguez, Lamela, López, Portals, Saborido, Siaba, Rodríguez …
Paseo polos arredores da salgadura de Caldebarcos. Foron os seus propietarios as familias Olivella, Cambeiro, Portals, Moreu…
Paseo por Quilmas, lugar onde houvo 6 grandes salgaduras. Visita á construída por Sebastián Casais (pendente de confirmar). Familias: Casais, Curbera, De Haz, Domenech, Fábregas, Font, Formoso, Moreu, Olivella, Pérez, Pig, Portals, Sel, Teixidor, Xampen …
Lembranza das 4 salgaduras que houbo no lugar do Pindo. Familias: Casais, Del Río, De Haz, Domenech, Pérez, Qintana, Teixidor… Fábrica de conservas dos Cerdeiras. Se imos ven de tempo, paseo ata a salgadura da praia do Fornelo.
REGRESO A SANTIAGO.
O prezo final será de 35 € por persoa, incluíndo autobús e comida, cun suplemento de 10€ para os non socios do Ateneo. As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com ata o domingo, 21 de outubro, indicando a sobremesa elixida (torta ou flan). O número de prazas dispoñibles é de 30, sendo admitidas por orde de inscrición con preferencia para os socios do Ateneo.
comment closed