O martes 23 de outubro ás 17.30h na biblioteca do Ateneo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) terá lugar unha nova sesión do Club de lectura na que se comentará a obra La librería de Penélope Fitzgerald.
Penélope Fitzgerald, de soltera Knox, naceu en 1916. Filla do editor de Punch, Edmund Knox, e sobriña do teólogo e novelista Ronald Knox, do criptógrafo Dilly Knox e do estudoso da Biblia Wilfred Knox, foi educada en caros colexios de Oxford e durante a segunda guerra mundial traballou para a BBC. Autora tardía, o seu primeiro libro foi unha biografía do pintor prerrafaelita Edward Burne-Jones. En 1977 publicou a primeira novela, The Golden Child, unha historia cómica de misterio ambientada no mundo dos museos. Ao longo dos seguintes cinco anos publicou catro novelas vagamente autobiográficas, que a consagraron como unha das figuras máis importantes da nova narrativa inglesa. Con La (1978) foi finalista do Booker Prize, premio que finalmente conseguiu con A la deriva (1979).
En La librería Florence Green decide abrir unha pequena librería, a primeira dunha minúscula vila costeira de Suffolk, que en 1959 está literalmente apartada do mundo e que se caracteriza polo que non ten. Pero pronto se atopará coa resistencia muda das forzas vivas da vila que, dun modo cortés pero implacable, empezarán a acurralala. Florence verase obrigada entón a contratar como axudante a unha nena de dez años, a única que non soña con sabotear o seu negocio. Cando alguén lle suxire que poña á venda a polémica edición de Olympia Press de Lolita de Nabokov, desencadéase no lugar un terremoto sutil pero devastador.
Lembramos que esta actividade ten un prezo de 15€/trimestre, a aboar en outubro, xaneiro e abril (todas as achegas realizadas ás entidades sen ánimo de lucro declaradas de utilidade pública teñen deducións na declaración do IRPF). A día de hoxe as prazas ofertadas atópanse cubertas polo que aqueles que queiran participar poderán inscribirse nunha listaxe de agarda no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com.
comment closed